
O Allianz Arena é un estadio localizado no barrio de Fröttmaning, ao norte de Múnic, no estado
federado de Baviera, Alemaña. Os seus equipos titulares son o FC Bayern München e o TS
1860 München.As proporcións do recinto deportivo son de 258 m de longo, 227 m de ancho, e 50 m de alto. As proporcións da súa cancha son de 105 m x 68 m.A arquitectura externa do Allianz Area está composta de 2.874 paneis romboidais metálicos de ETFE. Cada panel pode iluminarse de xeito independente de cor branca, vermella ou azul. A intención é iluminar os paneis en cada partido coas cores do respectivo equipo local, ou de cor branca cando xoga de local a selección alemá.Para a construción empregáronse aproximadamente 120.000 m³ de formigón para o estadio e 85.000 m³ para os estacionamentos. Utilizáronse 22.000 t de aceiro para a construción do estadio e 14.000 t para a construción dos estacionamentos, cuxa extensión é de aproximadamente 270,000 m².